mércores, 23 de marzo de 2022

O PODER DA PALABRA

O poder da palabra para expresar as nosas emocións, os nosos sentimentos, pero tamén para denunciar situacións de sempre e de agora. Un recordo a todas as persoas de Ucraína que están a enfrontarse a unha guerra dura e cruel, e ao abandono dos seus fogares e persoas máis queridas.

 Serva este Día da Poesía para reivindicar a palabra e o diálogo como medio para resolver conflitos.

AS MULLERES DO IES CASTRO ALOBRE

O alumnado de Imaxe e Son gravou estes vídeos no Día da Muller Traballadora.




martes, 8 de marzo de 2022

LIBROS CON NOME DE MULLER

No Día Internacional da Muller Traballadora, a Biblioteca quixo visibilizar
Libros con nome de muller
, destacando, así, ás protagonistas femininas que dan título ás obras de autores e autoras. E xa, de paso, invitar á lectura dos libros dos nosos expositores.

Ademais, queremos agradecer á nosa compañeira de equipo e profe de Plástica, Sonia Omil, os fermosos traballos do seu alumnado.






MÁIS MÁSCARAS

 Máis fotos dalgunhas das máscaras do Entroido. Todas relacionadas con títulos de libros. E para o ano, máis!