mércores, 18 de maio de 2016

LECTURAS CONTRA A HOMOFOBIA

 <div data-configid="19608692/35760318" style="width:650px; height:251px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

luns, 16 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Lembramos este día coa lectura de poemas de Manuel María na Biblioteca. Agasallamos ao profesorado e ao alumnado cuns "doces versos" deste poeta.

xoves, 12 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

O luns 16 ás 11,00 h. celebraremos o Día das Letras Galegas na Biblioteca. Convidamos a todo o profesorado e a todo o alumnado a participar na lectura de poemas de Manuel MaríaÉ unha lectura espontánea, sen preparación.

Na Biblioteca estará a vosa disposición a obra do autor homenaxeado, para poder elixir o poema que queremos ler e compartir co gallo desta celebración.



domingo, 1 de maio de 2016

POR FIN, AS BIBLIOLIMPIADAS

O venres 29 de abril celebramos, por fin, as Bibliolimpiadas deportivas. Cun sol espléndido e moita animación comezou o desfile de todos os grupos participantes ( 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º de bacharelato), precedido polo “comité organizador” (Equipo de Dinamización da Biblioteca, departamento de Educación Física e, como non, @s tres voluntari@s da biblio).

Despois do discurso de apertura, chegou un dos momentos máis esperados, o acendido do pebetero a cargo de Marga, Iago e Alberto (@s profes de Educación Física).

Toda a cerimonia estivo acompañada polo “himno bibliolímpico”, unha creación de 3º ESO A, dirixida polo profesor de Música, David Regueiro.


Comezaron, entón, as probas deportivas. Os distintos niveis competían entre si nas seguintes disciplinas: salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de xabalina, lanzamento de peso e varias modalidades de carreiras. Houbo momentos moi emocionantes. Os atletas e as atletas loitaban pola vitoria da súa clase, facendo un marabilloso traballo en equipo. O verdadeiro espíritu bibliolímpico!

Para rematar a xornada, chegaron os podios. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de urbanismo, Paola Mochales, entregaron as medallas aos grupos gañadores:
- medalla de ouro: 4º ESO A
medalla de prata: 3º ESO C
- medalla de bronce: 2º ESO B

Queremos facer unha mención especial a 1º de bacharelato C porque, aínda que non acadou unha medalla, si que é un grupo gañador polo seu entusiasmo, pola súa participación, polo seu traballo en equipo, polas súas vitorias e, sobre todo, polo seu espíritu olímpico.

Por último, temos que agradecer ao Equipo directivo o seu apoio por permitirnos levar a cabo este proxecto, ao Departamento de Educación Física a súa implicación no deseño e dirección das probas deportivas, aos titores e titoras a súa axuda para que o alumnado poidese elaborar as bandeiras e os distintivos das camisetas e, por suposto, agradecemos a todo o profesorado a súa colaboración neste día de celebración das Bibliolimpiadas.