luns, 13 de xuño de 2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO SUSO VAAMONDE...

O noso compañeiro, Fernando Fernández, profe de Física, presentou na Casa da Xuventude o seu libro Suso Vaamonde, a canción libre e comprometida dun pobo, dentro da Feira da cultura portugalega da que falamos na anterior entrada. Ademais, outro compañeiro, Alberto Parada, profe de Lingua e Literatura castelá, e Patty Castro interpretaron o poema de Bernardino Graña musicado e interpretado por Suso Vaamonde, Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Desde a biblioteca recomendamos o libro de Fernando e felicitamos a Andrés e Patty por tan fermosa interpretación.

FEIRA DA CULTURA PORTUGALEGA

Marisa Moreda, profe de Lingua e Literatura galega, desenvolveu un extraordinario proxecto co alumnado de 4º A e B, un traballo colaborativo de "distintos aspectos da cultura portuguesa e galega co fin de adquirir coñecemento e transmitilo a todas as persoas que visitaron a Feira". Coa colaboración de Xuventude e Arousa Moza presentáronnos diferentes actividades como xogos culturais, photocall e xogos para crianzas, curso "Aprende portugués en 10 minutos", un espazo musical e un obradoiro de gastronomía galega e portuguesa impartido por alumnas de 4º A e B baixo a coordinación da empresa "Aínda máis animación".
Esta Feira comezou coa presentación do libro Suso Vaamonde, a canción libre e comprometida dun pobo de Fernando Fernández Rego, profesor do noso instituto. 
Felicitamos a Marisa por levar a cabo este proxecto e, por suposto, ao alumnado que o fixo posible.
👏👏👏

A profe Marisa presentando a Feira

Presentación do libro

                             

xoves, 9 de xuño de 2022

AS IMAXES DO ABSTRACTO E AS IMAXES DESCOMPOSTAS

As imaxes do abstracto foi a aportación do alumnado de 1º de bacharelato de Volume ao PDI coordinado pola biblioteca.



As imaxes descompostas foi o proxecto do alumnado de 4º ESO de Plástica.


mércores, 8 de xuño de 2022

IMAXE E SON

O alumnado de 2º de bacharelato A, B, C e D da materia Imaxe e Son sumouse ao PDI coordinado pola biblioteca As palabras en imaxes. Este vídeo, creado por Andrea Cortés e Lía Pérez, é un dos produtos finais.

EN QUE ESTARÁN PENSANDO?

A Guerra de Troia é unha historia que atrae ao alumnado de Grego. Este curso as alumnas interpretaron e reinterpretaron os mitos a través dos cadros que nos foron deixando os pintores ao longo da historia. Mitoloxía, lingua, cultura, arte... diferentes disciplinas para formar culturalmente á mocidade. 




martes, 7 de xuño de 2022

VILAGARCÍA, A NOSA CIDADE

O alumnado de 3º PMAR reflexionou e fotografou aquelas cousas que lle gustaban de Vilagarcía e aquelas que non. Foi a súa contribución ao proxecto da biblioteca.

luns, 6 de xuño de 2022

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Un concurso de fotografía, no que puido participar todo o alumnado do centro, foi a temática elixida para o proxecto deste curso.


NOTRE HISTOIRE FAIT DU BRUIT

Notre histoire fait du bruit é o título do proxecto do alumnado de francés (primeira lingua) de 2º ESO.


Así foi a elaboración do proxecto. Elaboraron a historia e...

leron o cómic


En 1º de bacharelato adicaron o proxecto a Encontrar imaxes nas palabras e palabras nas imaxes.


IMAXES PARA ESPERTAR CONCIENCIAS

Foron varios os departamentos que se implicaron no PDI coordinado pola biblioteca, As palabras en imaxes. Chegada a fin de curso, iremos publicitando no blog os proxectos do alumnado.
O equipo da Biblioteca agradece a colaboración do profesorado e fecicita ao alumnado polo seu traballo.
Comezamos co Departamento de Bioloxía que tratou un importante tema, Imaxes para espertar conciencias.

venres, 3 de xuño de 2022

LETRAS NO ALOBRE SOLIDARIAS

Nas Letras no Alobre o alumnado de 1º ESO elaborou uns preciosos marcapáxinas que serviron para recadar fondos para os menores do Corno de África, unha iniciativa de Save the Children que a Biblioteca promoveu no noso centro. Queremos agradecer ao profesorado e ao alumnado implicado a súa colaboración e, por suposto, darlle unhas especiais grazas aos membros da comunidade educativa que foron solidarios e apoiaron este proxecto. Nesta presentación podedes ver unha selección de momentos desta actividade.