"Descubride novas historias e inventade mundos imaxinarios"
martes, 20 de decembro de 2016
UN NADAL DE LIBRO
domingo, 18 de decembro de 2016
MANNEQUIN CHALLENGE
Xa vos podemos ofrecer os resultados de "Un Mannequin Challenge de lectura". Ademais, se queredes facer unha visita virtual a nosa biblioteca, podedes premer na imaxe para acceder a Google Photos e facer clic na icona da esquina superior dereita.
Agradecemos á profe de Tecnoloxía, Susana Oubiña, a súa colaboración na gravación das imaxes.
Imaxes antes e durante o Mannequin Challenge:
Biblioteca IES Castro Alobre |
Durante o Mannequin Challenge |
Vídeo da actividade:
Mannequin Challenge (Biblioteca) from Susana Oubiña Falcón on Vimeo.
mércores, 14 de decembro de 2016
FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS
Como todos os anos, convidamos ao alumnado de 1º ESO á Biblioteca para explicarlle o seu funcionamento, darlle a coñecer os recursos e desenvolver algunha actividade de formación. Deixamos, como recordo desta actividade, unhas fotos.
venres, 9 de decembro de 2016
xoves, 1 de decembro de 2016
III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS
A Biblioteca vén de gañar o III Concurso de Traballos por Proxectos convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na modalidade Proxectos Documentais Integrados coordinados desde a Biblioteca escolar. A resolución da convocatoria aparece hoxe publicada no DOG.
Como coordinadora quero agradecer a todo o Equipo da biblioteca a súa adicación e o grande traballo que realizou e que está a realizar. Pero non podo esquecer ao profesorado nin ao alumnado; grazas a súa colaboración e a súa implicación no noso proxecto, puidemos acadar este premio.
Aquí vos deixou o proxecto premiado, As Bibliolimpiadas.
Guadalupe Vilar, coordinadora da biblioteca
https://drive.google.com/drive/folders/0B72EEzU63Ik4X2tyWU1OMTFGejA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)