martes, 10 de xuño de 2025

CLUB DE CIENCIAS

 Este domingo, 8 de xuño, foi en Vilagarcía Salnés Ciencia. Entre outros, participou o Club de Ciencias do noso instituto. Un grupiño de profesoras e profesores conseguiron, durante todo o ano, que alumnas e alumnos participasen neste Club. Tiveron xuntanzas nas que aprenderon un montón de cousas científicas. E xust,o en Salnés Ciencia, amosaron algunhas delas, como facer uns bonitos colgantes con plástico reciclado. A este foro científico tamén levaron un lote de libros da biblioteca moi apropiado co tema que estiveron traballando.

Parabéns ao profesorado polo entusiasmo en transmitir a ciencia ao alumnado e, por suposto, a ese alumnado que participou. Unha proposta para continuar!!😍

luns, 9 de xuño de 2025

ERASMUS+: ILLAS PEREGRINAS

Seguimos divulgando as actividades do PDI vencelladas ao Eramus. Este proxecto europeo expón cunchas de diferentes lugares aos que viaxou o profesorado e alumnado como Vasto (Italia), Creta ou as Azores. Por suposto, tamén da illa de Arousa ou Cortegada.



luns, 2 de xuño de 2025

CANTAREIRAS

 Unha merecida homenaxe ás cantareiras polo Día das Letras Galegas. No noso centro enchemos as paredes dos corredores con pandeiretas e con moitas estrofas desa poesía popular oral.

Por suposto, tamén expuxemos as nosas recomendacións lectoras.

CERTAME POÉTICO ROSALÍA DE CASTRO

 A profe de Lingua galega, Noa, acaba de gañar o certame poético Rosalía de Castro, que convoca o Concello de Padrón. A obra gañadora é "Pequeno panteón politeísta". O xurado do certame destacou "a forza de certas imaxes, o humor, a ironía coa que reflexiona sobre lembranzas da súa infancia e a frescura coa que aborda a súa xeografía sentimental".

O equipo de biblioteca quere amosar a súa alegría por este premio, xa que Noa, ademais, forma parte do equipo. Coñeciamos a súa faceta como escritora de narrativa, pero descoñeciamos a súa faceta de poeta.

Animámosvos a ler O ocaso da familia Portela, que podedes atopar na biblioteca.

E para ti, Noa, os noso parabéns!😍😍

NO MAN IS AN ISLAND

 El departamento de Inglés ha decidido contribuir al PDI coordinado por la Biblioteca "Illas peregrinas" desde las producciones orales de la tercera evaluación (es la prueba final de speaking del trimestre) con todos el alumnado de 1º a 3º de ESO, y también con 4PDC Y 4E. En principìo, deben preparar presentaciones orales sobre islas de habla inglesa, como lengua madre y/o cooficial, explicando datos geográficos, poblacionales, lingüísticos, históricos y de realidad natural (flora, fauna...). Deben completar sus presentaciones con apoyo audiovisual (PowerPoint, Canva...) y con una infografía que se va a poner en las paredes exteriores de cada clase. Se inició la tarea en la 3ª evaluación. Implica a todo el profesorado del Departamento. Todo se inició con instrucción por parte de la asistenta de lenguas.

ESCAPADES!

 

Título do proxecto : Escapades ! Contribución do departamento de francés ao PDI.

Neste proxecto traballaron 22 alumnas e alumnos de 4ºESO A / B / C / D 2ª lingua. O proxecto insírase na unidade 4 do temario : “As viaxes”. Leváronse a cabo varias actividades de produción e comprensión orais e escritas, relacionadas co tema das illas e das viaxes nas illas.

Sesión 1: Traballo de produción oral en grupo. O barco está a piques de afundir. Os membros de cada grupo deben debatir e poñerse de acordo sobre qué obxectos levar na barca ata a illa deserta mais preta.

Sesión 2: Traballo de búsqueda de información, comprensión e produción escrita. Competencia intercultural. Elaborar unha infografía sobre illas francesas.

Sesión 3 : Traballo de comprensión escrita e selección de información. A partir das infografías dos compañeros/as, elexir 2 curiosidades de cada illa que nos chaman a atención (aspectos naturais, culturais, gastronómicos, históricos, etc).

Sesión 4 : Kahoot sobre os aspectos elexidos e intercambiados na sesión anterior.

Sesión 5 : Produción oral. Diálogo . Organizar unha excursión a unha das illas e poñerse de acordo sobre os distintos aspectos da viaxe : días, aloxamento, transporte, maleta, actividades, etc.







ESCAPE GAME MATEMÁTICAS

Esta é a aportación do departamento de Matemáticas ao Proxecto Documental Integrado.

CONTRA A LGTBIFOBIA

     O 17 de maio é un día importante para loitar contra a LGTBIfobia e nada mellor para facelo que concienciar ao alumnado. Utilizando as novas tecnoloxías, o alumnado tivo que facer unha búsqueda de información para coñecer a situación legal das persoas dos diferentes colectivos e reflexionar sobre ela. Os resultados quedaron plasmados nunha exposición.


luns, 12 de maio de 2025

PREMIOS JOSÉ HERMIDA

 O 9 de maio foi a gala dos Premios José Hermida. Radio Escolar 2025, convocado por Radio Pontevedra, Cadena Ser. O alumnado do noso centro recibiu o seu merecido Premio especial Edicións Xerais polo podcast "Somos pandereiteiras", no que Alexandra, Roi, Lian, Lúa e Paula (3º ESO B), entrevistaron a súa profe e titora, Andrea Nunes que xunto a outras "pandereiteiras" se uniron para homenaxear as mulleres que deron e dan voz á nosa cultura. 

Este premio é moi especial porque a nosa radio "Non calamos. Radio Castro" case naceu con estes premios, que serven de impulso para continuar e facer medrar esta ferramenta educativa tan poderosa que fomenta o traballo en equipo e a creatividade.

Foi un día tamén moi intenso no que aproveitaron para facer varias entrevistas, entre elas, ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que lle preguntaron a súa opinión sobre a importancia da radio na formación do alumnado.

FEIRA PORTUGALEGA

 Un ano máis, a profesora Marisa Moreda organizou a Feira Portugalega. Nesta ocasión outra compañeira nosa, Andrea Nunes presentou o libro Somos pandereiteiras, coordinado por Mercedes Peón. Andrea é unha das autoras deste libro.

luns, 5 de maio de 2025

LENDO NA BIBLIOTECA

 Para conmemorar o Día do Libro, o alumnado de ESO foi á biblioteca para compartir lecturas. 4º A e C leron O almohadón de plumas de Horacio Quiroga.


Lecturas Vivas Polifónicas III 4º A/C de Biblioteca Castro Alobre

VISITA Á RADIO

O alumnado de Oratoria de 3º ESO, acompañado polas profesoras Marisa e Andrea, visitou, en Vilagarcía, o estudo de Radio Pontevedra da Cadena Ser. Foi unha experiencia moi enriquecedora que, seguro, contribuiu a valorar a importancia deste medio no ensino.

INTERCAMBIANDO LIBROS

 Por segundo ano, intercambiamos libros entre o profesorado e o persoal non docente, ademais de compartir uns deliciosos petiscos. Tivemos moitas visitas e descubrimos grandes lectores e lectoras que frecuentaban pouco a biblioteca. Esperamos que non perdan o hábito!!!

O DETECTIVE FERRUCCI

Non hai mellor día para reunirse que o Día do Libro e isto foi o que fixo o Club de lectura Curuxaina. A tertulia xirou sobre O detective Ferruchi de Marta Villar.

UN LIBRO ESPECIAL

 O Día do Libro tamén aproveitamos para ler algúns fragmentos de A historia interminable de Michael Ende. Un deles foi a chegada da Emperatiz Infantil xunto ao Vello da Montaña errante. E así recreou o alumnado ese lugar.

mércores, 23 de abril de 2025

SOMOS FINALISTAS!

 O Grupo Radio Pontevedra da Cadena Ser, promotor dos premios José Hermida de Radio Escolar, vén de anunciar os finalistas deste concurso. Entre eles está un dos podcast gravado por alumnado do noso centro e dirixido pola profesora Marisa Moreda. A gravación realizouse na recién inaugurada radio ubicada na biblioteca.

Foi unha inmensa alegría recibir esta noticia e, ademais, no Día do Libro, xa que o podcast é unha entrevista a Andrea Nunes a propósito da súa participación no libro Somos pandeireteiras.

Parabéns polo voso traballo!

Podedes ler a noticia completa na seguinte ligazón https://cadenaser.com/galicia/2025/04/23/ya-se-conocen-los-finalistas-de-los-premios-jose-hermida-de-radio-escolar-radio-pontevedra/

DÍA DO LIBRO

Esta semana o profesorado e persoal non docente estamos indo á biblioteca para agasallar cun libro a un compañeiro ou compañeira. Tivemos que retrasar ata a semana que vén a celebración deste día tan importante para a biblioteca e para toda a comunidade educativa, por mor de varias saídas didácticas.  

O vindeiro martes intercambiaremos eses libros e compartiremos uns petiscos.

luns, 21 de abril de 2025

O LIBRO DA NOSA VIDA

O equipo da Biblioteca e o de Normalización Lingüística presentaron, por mor do Día do Libro, este concurso. Quen queira participar, debe adiviñar o profesor e profesora que se agocha nesas fotos de hai xa anos e ler ben as frases, que poden ser de axuda. É o libro das nosas vidas presentado en forma de árbore.

E este é o alumnado gañador e finalista.

xoves, 10 de abril de 2025

UNHAS CARTAS MOI ESPECIAIS

 Onte reuniuse o Club de lectura de 1º e 2º da ESO para ler as cartas que lle mandara o alumnado do IES Chano Piñeiro. As nosas xa van en camiño. Nelas poderán saber cales son as lecturas favoritas dos alumnos e alumnas do club.

luns, 7 de abril de 2025

ISLAS LITERARIAS


 O Departamento de Lingua castelá contribuiu ao PDI con "Islas Literarias". Este é o resultado final do proceso de investigación.