mércores, 28 de xaneiro de 2026

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Ilustración, coincidindo coa data do nacemento de Castelao. Esta xornada quere recoñecer e poñer en valor o traballo de artistas deste ámbito. Por iso, desde a Biblioteca propuxemos un obradoiro de creación de personaxes impartido polo ilustrador Julio García.

O alumnado de Debuxo artístico de 1º de bacharelato puxo a proba a súa creatividade para crear ilustracións a partir de varios personaxes e obxectos propostos por Julio. Ademais, entraron no mundo das sensacións; despois de escoitar sons ou de percibir determinados olores tiveron que facer un debuxo de aquilo que lles suxería.

Moitas grazas a Julio por aceptar a nosa invitación.


luns, 19 de xaneiro de 2026

CONCURSO DE MÁSCARAS

Un curso máis convocamos un concurso de máscaras para poñer a proba a vosa creatividade. Tedes dúas opcións:

- unha máscara dalgún personaxe malo, malísimo dun libro, película ou cadro
- unha máscara do personaxe que vos queirades; temática libre
Coma sempre haberá algún agasallo para as mellores máscaras. Animádevos a participar!

                                       

venres, 16 de xaneiro de 2026

PREMIOS "OS DOUS DE SEMPRE"

 Poñemos fin ao Ano Castelao entregando os premios do concurso "Os dous de sempre". Parabéns a todo o alumnado participante, que deu mostra das súas aptitudes teatrais, e, especialmente, ás gañadoras e gañadores👏👏👏

Miguel, Alejandro, Manuel e Gabriel de 2º ESO C (1º premio)











Pablo, Alejandro, Pablo e Digno de 4º ESO C (1º premio) 

Alumnado de 3º ESO (2º premio)

CASTELAO

 Pechamos o Ano Castelao e xa imos retirando a exposición de libros que podedes atopar na Biblioteca.

Castelao de Biblioteca Castro Alobre

venres, 2 de xaneiro de 2026

UN BO NADAL CON LIBROS

 O equipo da Biblioteca deséxavos Bo Nadal e moi boas lecturas para este tempo de lecer.

Lecturas para o Nadal de Biblioteca Castro Alobre


BO NADAL

 O Club de lectura deséxavos Bo Nadal.


CON XURXO SOUTO

 Marisa e Fernando do equipo da biblio estiveron na presentación do libro de Xurxo Souto, A novela do Bravú. Esperamos á volta, para que nola comenten e seguro que vai ser unha das novedades da nosa biblioteca.



CANCIÓNS DE NADAL

 Mentres comentabamos 1984 tivemos unha sorpresa. O profe de Música, Isma, veu á Biblio co coro a cantarmos cancións de Nadal. Fixérono realmente ben e animáronos a xuntanza.

Parabéns!!

1984 NO NADAL

 Última xuntanza do ano do Club de lectura de ciencia ficción. Fernando falounos de Orwell e fixo unha introdución ao libro, para situarmos no tema. Moi interesantes os seus comentarios.

Comentouse, máis ou menos, a metade do libro. Inquietante o Gran Irmán e a revisión do pasado. E tamén xurdiu a comparación desa vixianza constante coa nosa vida permanentemente exposta a través dos teléfonos móbiles e das redes sociais.

Resultou unha reunión interesante e deixounos con ganas de afrontar esa última parte do libro que nos queda para despois do Nadal.