O Equipo da Biblioteca xa está pensando no Día da Poesía e en como podedes dar renda solta a vosa creatividade. Sabemos que hai moito talento poético entre o noso alumnado, así que só tedes que animarvos a concursar.
luns, 2 de marzo de 2026
ROSALÍA EN RADIO CASTRO
No Día de Rosalía, Paula e Rocío -alumnas de Oratoria que forman parte do Equipo de Correspondentes- puxéronse ante os micros de "Non calamos. Radio Castro" para ler o manifesto da AELG escrito por Eva Veiga. Animámosvos a escoitar porque, como Rosalía, nós tampouco nos resignamos. "Con ela queremos loitar contra o patriarcado, contra a trata de seres humanos, contra o autoritarismo, contra todas as inxustizas e a prol dunha humanidade responsable que coida da infancia e da educación humanista, aberta ao outro, ao diferente, capaz de mostrar empatía e colaboración".
DÍA DE ROSALÍA
O Día de Rosalía conmemorouse cunha preciosa exposición. Normalización lingüística promoveu "Todas as Rosalías posibles" para que o alumnado desenvolvese a súa creatividade. Cadaquén viu a Rosalía dunha maneira diferente, como cadaquén sente a súa poesía. Esta exposición acompañouse cos libros de e sobre Rosalía que temos na Biblioteca.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

