xoves, 23 de abril de 2026

CREADORES DO CASTRO ALOBRE

 Hoxe, Día do Libro, tivemos o I Encontro de Creadores do Castro Alobre. Con esta actividade queriamos dar a coñecer a distintos membros da comunidade educativa aos que lles gusta escribir e, nalgún caso, teñen xa libros publicados. 

Neste Encontro puidemos escoitar as experiencias de Noa e Fernando (profes do noso centro), Dânia e Uxía (alumnas de 1º de bacharelato e 2º ESO, respectivamente) e Vero Luna (nai de Isabella, alumna de 2º ESO), que compartiron con nós o seu proceso de creación. Moderada a conversa por Concha, profe xubilada, que segue a inspirar dentro e fóra das aulas e tamén escribe, fomos descubrindo que o proceso creativo non é lineal: está cheo de dúbidas, probas, emocións e tamén moita ilusión.

Falouse de escribir, de crear, e de atreverse e de equivocarse. Pero, sobre todo, falouse de sentir.

Un encontro que nos lembra a importancia de dar voz á creatividade e de aprender  unhas das outras.

       
     

DÍA DO LIBRO

 Para celebrar o Día do Libro e fomentar a lectura entre o noso alumnado, poñemos a disposición dos estudantes unha serie de libros donados polo profesorado e as familias. Esperamos que voen dos nosos andeis!

FREDERICK

 


Onte tivemos unha nova reunión do Club de lectura E ti que contas? Desta vez tocounos recibir na nosa biblioteca ao alumnado do Colexio de Educación Especial. Lemos a historia de Frederick, un rato de campo mi poeta. Despois falamos desta historia, fixemos uns xogos e inventamos mil e unha historias que pasan nas granxas.
Vémonos o próximo mes con novas historias de animais.

    

DÍA DA POESÍA

 

O CABELO É POLÍTICA

Elisa May, estudante de 3º ESO, fálanos neste podcast da importancia que ten o cabelo para as mulleres e o que representa na arte, literatura, cultura pop...

mércores, 15 de abril de 2026

FÓRA DE FOCO

 Valentina, alumna de 1º ESO B, fixo un podcast sobre os estándares de beleza, tanto na vida cotiá coma nas redes sociais e como afectan a nosa sociedade de hoxe en día. con este podcast participou no concurso convocado pola biblioteca.

luns, 13 de abril de 2026

CULTURA XITANA

Para celebrar a semana do pobo xitano, en "Non calamos. Radio Castro" estivemos a conversar co alumnado xitano sobre algunhas características da súa cultura.

No podcast que vos ofrecemos a continuación, catro rapazas falan de como funciona o pedimento e o o casamento na súa cultura.

luns, 6 de abril de 2026

LENDO CÓMIC

 Aproveitando que o 17 de marzo foi o Día do Cómic, queremos recomendarvos unha pequena selección de banda deseñada. Se vos gusta ler cómics, pasade pola biblioteca. Temos unha boa selección!

MENTIRA

 Mentira de Care Santos foi o libro sobre o que falaron as integrantes do Club de lectura.

HASTA QUE EMPIECE A BRILLAR

Nova xuntanza do Club Curuxaina para compartir as impresións sobre o libro de Andrés Neuman, Hasta que empiece a brillar.

E TI QUE CONTAS!

Aínda que un pouquiño tarde, por fin reunímonos co Club de lectura do Colexio de Educación Especial. Coma sempre, compartimos uns momentos moi agradables, presentámonos, falamos das nosas historias favoritas e fixemos xuntos unha tarxeta de amizade. Tamén recibimos un fermoso agasallo feito polo obradoiro de reprografía do Colexio.

LA CASA DEL TEJADO ROJO

 Mónica Rodríguez, autora de La casa del tejado rojo, nunha amena charla co alumnado de 1º ESO, falou da importancia da lectura nas nosas vidas e do proceso de creación da súa obra literaria.

A súa incursión no mundo dos libros foi aos 10 anos e comezou lendo poesía. Recitou a Lorca e a Safo, emocionando coa beleza das palabras e reafirmando a pervivencia dos sentimentos ao longo do tempo.

Finalmente, Mónica Rodríguez contestou as preguntas do alumnado e rematou convidando, unha vez máis, a ler e a desfrutar cos libros e as súas historias.




Ao rematar o encontro co alumnado, a escritora
asinou o libro da Biblioteca e La casa del tejado rojo.