A forza dos bicos chegou con Antonio García Teijeiro. O alumnado de 2º ESO leu poemas con temática "bico" e contaron unha historia desde a súa perspectiva. Un bo traballo.
Isto foi todo o que fixeron. Redacción dun conto inventado
a partir dun poema diferente do escritor Antonio García Teijeiro (extraído de
volumes deste autor como Bicos,
bicos e máis bicos, Bicos
e non balas e Bicos
na voz). Acompañar dunha pequena ilustración. 2-3 horas. Con todos
os contos elaborouse un mural que foi colocado no corredor (zonas de tránsito) do instituto. A lírica e a narración como xéneros
literarios son contidos deste nivel.
En 4º ESO, traballouse en tres grupos. Actividade elaborada de forma
individual, en parellas ou en pequenos grupos. 2-3 horas de clase. Elaboración
dun poema utilizando dous códigos (galego e castelán) e imaxes, que incluíse a
palabra "bicos" polo menos unha vez. O alumnado partía dunha serie de
libros vellos da biblioteca (que estaban para ser retirados) para ir recortando
palabras e elaborar a súa actividade como faría un poeta vangardista. Mes de
abril. Con todos os poemas elaborouse un mural. a vangarda na literatura galega
é un contido deste nivel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario