Aproveitando que o 17 de marzo foi o Día do Cómic, queremos recomendarvos unha pequena selección de banda deseñada. Se vos gusta ler cómics, pasade pola biblioteca. Temos unha boa selección!
luns, 6 de abril de 2026
HASTA QUE EMPIECE A BRILLAR
Nova xuntanza do Club Curuxaina para compartir as impresións sobre o libro de Andrés Neuman, Hasta que empiece a brillar.
E TI QUE CONTAS!
Aínda que un pouquiño tarde, por fin reunímonos co Club de lectura do Colexio de Educación Especial. Coma sempre, compartimos uns momentos moi agradables.
LA CASA DEL TEJADO ROJO
Mónica Rodríguez, autora de La casa del tejado rojo, nunha amena charla co alumnado de 1º ESO, falou da importancia da lectura nas nosas vidas e do proceso de creación da súa obra literaria.
Ao rematar o encontro co alumnado, a escritora
asinou o libro da Biblioteca e La casa del tejado rojo.
A súa incursión no mundo dos libros foi aos 10 anos e comezou lendo poesía. Recitou a Lorca e a Safo, emocionando coa beleza das palabras e reafirmando a pervivencia dos sentimentos ao longo do tempo.
Finalmente, Mónica Rodríguez contestou as preguntas do alumnado e rematou convidando, unha vez máis, a ler e a desfrutar cos libros e as súas historias.
Ao rematar o encontro co alumnado, a escritora
asinou o libro da Biblioteca e La casa del tejado rojo.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
