domingo, 31 de xaneiro de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN

    O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración coincidindo co nacemento de Castelao. Este ano adícase a Lolita Díaz Baliño, pioneira artista multidisciplinar que destacou na fotografía e na pintura. Se queredes saber máis, clicade nesta ligazón:
    
    A biblioteca tamén quixo conmemorar este día e nada mellor para isto que reunir grandes traballos de grandes artistas. Neste vídeo podedes ver as aportacións que nos achegou o noso alumnado. Quen sabe se algún día atoparemos algún destes nomes nas portadas de banda deseñada ou nalgunha exposición?

    Parabéns e moitas grazas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario