venres, 29 de xaneiro de 2021

AS BIBLIOTECAS EN TEMPO DE GUERRA

    O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Cada ano rexeitamos a violencia e visibilizamos as terribles consecuencias das guerras non só entre a poboación adulta, senón tamén xoven, secuelas que permanecerán toda a vida.

    Este ano, no que quedamos no noso centro sen biblioteca (non, evidentemente, por unha guerra, pero si por unha pandemia), queremos lembrar a importancia destes espazos na formación dos nosos mozos e mozas e reivindicar a necesidade de mantelas abertas tamén, e sobre todo, nos momentos difíciles.

Foto de Gervasio Sánchez. Biblioteca de Saraxevo
    Esta reflexión lévanos, con motivo do Día da Paz, a recordar as queimas e destrucións que sufriron libros e bibliotecas ao longo da historia. A destrución da Biblioteca de Alexandría, a queima de libros na Alemaña nazi ou durante a Guerra Civil española e, máis recentemente, o bombardeo da Biblioteca Nacional de Bosnia-Herzegovina en Saraxevo (1992) ou da Biblioteca Nacional de Bagdag (2003) son só uns exemplos.

    Como di Inma Herrero en Biblogtecarios, "Las bibliotecas son una víctima más de las contiendas bélicas, los fanatismos y los totalitarismos. Como instrumentos garantes del conocimiento; custodios de la memoria, la diversidad y la identidad cultural de los pueblos; y facilitadores del pensamiento crítico han sufrido ataques importantes."

Bibliobús del Servei de Biblioteques del Front.
Arquivo da Biblioteca de Cataluña
        Ademais deste artigo de Inma Herrero, parécenos interesante a lectura de:

    - Pep Sánchez en Cultura en acción: "Les bibliotecàries: Crónicas de vida en tiempos de guerra", un libro que reúne as anotacións, entre 1933 e 1939, de dúas bibliotecarias da Biblioteca Popular Pere Vila, un barrio obreiro de Barcelona (http://www.culturaenaccion.com/les-bibliotecaries/).
  
Papeletas de préstamo
 - "Lecturas de un soldado",    unha serie de normas que desenvolveron as Bibliotecas de Frentes y Hospitales durante a Guerra Civil española e que deu a coñecer o Arquivo Histórico Provincial de Huesca. Entre outras recomendacións dise que cada libro devolto debía "someterse a los rayos del sol y el aire durante el tiempo posible pues esto es el mejor sistema de desinfección". Resúltanos familiar esta recomendación? (https://ahphuesca.blogspot.com/2019/10/sobre-bibliotecas-guerras-y-archivos.html).

    Por último, recomendamos a visualización deste vídeo, "La Biblioteca Nacional de España durante la Guerra Civil" .


Ningún comentario:

Publicar un comentario