venres, 26 de xuño de 2026

LA VEGETARIANA

 A última xuntanza deste curso do Club do profesorado pódese resumir con dúas palabras: inquietante e perturbadora. Non pola reunión, por suposto, que foi coma sempre moi agradable; pero si pola lectura. Nestes dous adxectivos coincidimos todas para calificar o libro de Han Kang La vegetariana. Destacamos a prosa da autora, a utilización das palabras, a poesía do texto. Unha boa lectura para o verán.

Pola nosa parte, espérannos tres propostas: Esperando a mister Bojangles de Olivier Bourdeaut, La hija de Sergio del Molino e Ana no de Agustín Gómez Arcos.

Vémonos en setembro, Curuxainas!

luns, 22 de xuño de 2026

LECTURAS MATEMÁTICAS BY RAFA

 O profe de Matemáticas, Rafa, fixo un boletín de lecturas para disfrutar das matemáticas no verán. Bastantes deles podedes atopalos xa na biblioteca. Outros, que parecen moi interesantes, formarán en breve parte da nosa biblioteca.

Grazas, Rafa, por esta magnífica selección e xa sabes que contamos contigo.


O CLUB DE ROTEIRO

 Rematamos este curso as reunións do Club de Lectura cun roteiro literario polas rúas de Santiago de Compostela. Tamén visitamos algunhas das súas librerías e mercamos novidades para a nosa biblio. Foi unha xornada moi divertida na que falamos de libros e coñecimos un pouco máis sobre autores como Lorca ou Rosalía.

Despedímonos ata o curso que vén
, pensando nas lecturas que nos esperan para estas vacacións.



luns, 15 de xuño de 2026

E TI QUE CONTAS!

 Hoxe despedímonos por este curso do Club E ti que contas! Estivemos lendo e pasando un rato moi divertido coas aventuras do galo Quirico, un conto tradicional que ensina que, ás veces, non é bo ser un larpeiro. Despois, tivemos unha merendiña na cafetería para despedirnos ata setembro.

ANDRÉS DO BARRO

A Cidade do Libro de Vilagarcía tivo, este ano, un convidado moi especial para nós. Fernando F. Rego, membro do equipo da Biblioteca, presentou o seu libro Andrés do Barro. A xénese do pop en galego.
Despois de asinar libros, participou nas "Conversas ao solpor" con Sés e co músico e produtor catalán Miqui Puig. O tema sobre o que versou este encontro foi a relación entre a palabra escrita e a creación musical.
Parabéns a Fernando por esta nova publicación que esperamos teña moi éxito.

AGASALLANDO PALABRAS

 No último encontro do Club de Lectura Intercultural na Cruz Vermella agasallamos palabras.

Este foi o agasallo que nos deron:
E este foi o noso:

luns, 8 de xuño de 2026

PENÉLOPE E CIRCE

Penélope e Circe son dúas mulleres da mitoloxía grega. Un grupo de estudantes de Grego fixeron un podcast con ton humorístico, contando a historia destas dúas mulleres e vencellándoa ao libro de Begoña Caamaño Circe ou o pracer do azul

mércores, 3 de xuño de 2026

CLUB DE LECTURA INTERCULTURAL

 No Club de Lectura Intercultural e Interxeracional, o Equipo de Correspondentes e Voluntariado reúnese na Cruz vermella de Vilagarcía con estudantes de español de diferentes nacionalidades. O obxectivo destes encontros é compartir para coñecer e nesta ocasión o tema foi "O Entroido". O alumnado voluntario fixo un vídeo no que recolleu o que máis lle chamou a atención. 

Grazas por deixarnos aprender de vós!

ERASMUS+ NAS AçORES

No marco da mobilidade Erasmus+ coas Açores, entrevistamos a Beatriz, profesora da Escola Secundária Domingos Rebelo, quen nos explicou a traxectoria e a importancia deste proxecto europeo no seu centro educativo. 
A continuación, as verdadeiras protagonistas desta experiencia, as alumnas participantes no intercambio, compartiron o seu testemuño. Explicaron como foi o proceso de selección para formar parte da mobilidade, falaron da experiencia de acoller nas súas casas e relataron as vivencias e aprendizaxes adquiridas durante a súa estadía na Galiza. A entrevista foi conducida por Ainara, alumna de 4º da ESO e participante nesta mobilidade como acolledora dunha estudante açorianas. 
Para terminar, Ainara convidou as alumnas a animar outros mozos e mozas a participar nos proxectos Erasmus+, destacando as oportunidades que os intercambios ofrecen. Esta experiencia puxo de manifesto, unha vez máis, como o galego pode actuar como unha valiosa ponte de comunicación coa lusofonía, facilitando o encontro entre culturas e fortalecendo os lazos entre Galiza e os territorios de fala portuguesa.