domingo, 10 de xaneiro de 2016

PREMIO AO MELLOR LECTOR OU LECTORA

  • O alumnado que queira optar a este premio debe cubrir unha ficha de cada libro que lea.
  • As fichas estarán a vosa disposición na Biblioteca.
  • Terase en conta para decidir o gañador ou gañadora, non só o número de libros lidos, senón tamén o resumo do argumento e a opinión persoal.
  • O premio, un libro electrónico, será entregado no festival de fin de curso.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA DO IES CASTRO ALOBRE
CURSO 2015-2016


xoves, 17 de decembro de 2015

CONCURSO DE LOGOTIPOS: ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe entregamos o premio (un vale de 60€ para mercar material escolar) ao gañador do "Concurso de logotipos", Christian Fernández, alumno de 1º de bacharelato C.

Tamén quixemos facer unha mención especial a Alba Varela (4º ESO B) pola calidade do seu traballo.

Agradecemos a participación de todo o alumnado que nos fixo chegar as súas creacións.



Christian Fernández (1º bac. C)
Alba Varela (4 ESO B)

mércores, 16 de decembro de 2015

BURBULLA CULTURAL: JAVIER DIZ, UNHA EXCELENTE INTERPRETACIÓN

A segunda colaboración na Burbulla cultural correu a cargo de Javier Diz, alumno de 1º de bacharelato C.
Parabéns pola túa actuación e agradecementos, desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca, por axudarnos a que este proxecto siga adiante.
De novo, animarvos a todos e todas a participar neste "recuncho de expresión" despois do Nadal.

ESPERÁMOSVOS!


mércores, 25 de novembro de 2015

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe lembramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Agradecemos a colaboración de todo o alumnado e profesorado que nos axudou, un ano máis, a denunciar a dura situación que sofren moitas mulleres en silencio .