![]() |
| Viaxe nº 3: Dando tumbos por África |
luns, 5 de febreiro de 2018
luns, 29 de xaneiro de 2018
MENORES SOLDADO
A Biblioteca quere unirse á conmemoración de dous días importantes:
- o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz
- o 12 de febreiro, Día Internacional contra o Uso de Menores Soldado
Queremos que coñezades testemuños de nenos e nenas soldado que aínda se seguen a recrutar, segundo datos da ONU, en dezasete países. Testemuños realmente arrepiantes, que nos achegan ás atrocidades e ao sufrimento vivido por uns 300.000 menores.
Que estes documentos escritos e visuais nos sirvan para reflexionar.
Menores Soldado
domingo, 28 de xaneiro de 2018
2ª PARADA: ÁFRICA
Sherpa lévanos agora ao continente africano. Nesta fermosa terra empezaredes a descubrir interesantes pobos. Quizás algún ou algunha de vós, despois de facer a proba, querades investigar máis a fondo a forma de vida dalgún deles. Seguro que paga a pena!
Non esquezades que este venres publicaremos as puntuacións no Caderno de Bitácora. Subide á biblio e botádelle unha ollada.
Boa viaxe, aventureiras e aventureiros.
![]() |
| Viaxe nº 2: Cous Cous |
domingo, 21 de xaneiro de 2018
INICIAMOS A VIAXE!
Iniciamos a viaxe desde o IES Castro Alobre e lembramos, nesta primeira proba, a Xulio Verne. A nosa guía nesta aventura será Sherpa, gran coñecedora das culturas indíxenas dos distintos continentes.
Acompáñanos nesta viaxe e axúdanos a Coñecer estes pobos, a Visibilizalos e, por suposto, a Defendelos.
![]() |
1ª Viaxe: Iniciamos a viaxe! |
xoves, 18 de xaneiro de 2018
AO BIBLIORESCATE!
Iniciamos un novo concurso da biblioteca, que vos levará a unha viaxe en globo a través dos cinco continentes. Acompañados por Sherpa, a nosa intrépida aventureira, partiremos do Castro Alobre cara culturas, moitas veces, descoñecidas. O obxectivo é rescatar do esquecemento aos pobos indíxenas e minoritarios que, este curso, se converteron no noso centro de atención.
Cada participante debe ter un Pasaporte Aventureiro e estar disposto a afrontar todos os retos que plantexemos.
O premio? Tamén o hai! Despois de oito longas viaxes, todo esforzo debe ter unha recompensa.
Participade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











