mércores, 26 de setembro de 2018

NOVO CURSO, NOVAS PROPOSTAS

Comezamos a nosa andaina convidándovos a que, unha vez máis, participedes nas actividades da biblio. Temos moitas propostas que, pouco a pouco, iredes coñecendo. Polo momento, sabede que xa estamos iniciando un novo proxecto:
Bibliomedia: unha invitación á comunicación
E, por suposto, queremos convidarvos a disfrutar coa lectura na nosa biblioteca.
Seguiremos informando e comunicando! 

domingo, 15 de xullo de 2018

RECADACIÓN FINAL DA CAMPAÑA SOLIDARIA

Finalmente, a recadación da campaña solidaria, O seu futuro depende de nós, ascendeu a 1525,50 €, importe que xa foi transferido a unha conta da República Democrática do Congo.

Sor Georgette Tshibang, directora do Centro Tulizeni, agradece a colaboración da comunidade educativa e da cidadanía vilagarciá. "Las necesidades y desafíos son múltiples. Con su donación vamos a favorecer la alimentación de los pequeños de Tulizeni, así como dar otro empuje al proyecto de las víctimas de violencia sexual", explícanos sor Georgette.


Esta información aparece nun tweet de Antonio Pampliega, xornalista que colaborou con nós, cedendo unha serie das súas fotografías. @APampliega


luns, 2 de xullo de 2018

FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

Rematamos o curso co Premio á mellor biblioteca de aula (1º ESO F) e co Premio á mellor aula ambientada co tema do proxecto Rescatando culturas, para 4º ESO C.

Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, que se implicou nas actividades que promoviamos, e, por suposto, de todo o alumnado.

Tamén temos que despedir a Sira, a excelente coordinadora do Club de Lectura. Desexámoslle moita sorte no seu novo destino e botaremos de menos a súa axuda e implicación en achegarlle á nosa mocidade o placer de ler.

Moitas grazas, Sira, pola túa adicación.

4º ESO C, premio á aula mellor ambientada co tema Rescatando culturas.

 





venres, 15 de xuño de 2018

RECADACIÓN DA CAMPAÑA SOLIDARIA


A campaña solidaria, organizada pola biblioteca do IES Castro Alobre a favor do Centro Tulizeni da República Democrática do Congo, recadou un total de 1463€.

Queremos agradecer dun xeito especial a colaboración do Grupo de Diversidades afectivo-sexuais do instituto, que doou os cartos obtidos pola venda de artigos co fin de visibilizar ao colectivo LGTBI e a colaboración do alumnado, coordinado pola profesora Mariola González, que doou os cartos obtidos pola venda de comida o día das Letras no Alobre. Tamén queremos dar as grazas á biblioteca do IES Cotarelo pola venda de fotos no seu instituto.

Lembramos, de novo, e agradecemos a colaboración do Concello de Vilagarcía, de Setga e Naturgalia (empresas de Pontevedra) e de Zona Aberta, Stin e Duende.

Se alguén quere colaborar nesta campaña, aínda pode mercar fotos no IES Castro Alobre.