martes, 6 de novembro de 2018

Libro recomendado: Cosas que los nietos deberían saber


cosas que los nietos deberían saber-mark oliver everett-9788417059736

COSAS QUE LOS NIETOS DEBERÍAN SABER

¡Nuestra primera recomendación del curso!

Mark Oliver Everett, cantante y compositor del grupo norteamericano The Eels, nos cuenta la tragicómica historia de su vida, familia y vicisitudes varias. La historia no se enfoca en "el chico malo" al que le gustan las drogas y el rock and roll, sino más bien lo contrario: Un relato que resulta ser íntimo y descarnado de lo que podría ser la vida de cualquier persona, de lo que queda tras la aparente desdicha. Nos invita a reflexionar y sentir los maravillosos mecanismos que los seres humanos disponemos para recomponernos y sobrevivir. En el caso de Mark Oliver, su música y sus ideales.

Al final, el tema de esta bella historia es la ESPERANZA; un retrato sincero y desnudo de una vida, de un destino, de cómo sobrevivir en el laberinto de lo cotidiano.

El libro está disponible en la Biblioteca del Instituto.

E aquí temos ó noso amigo cunha fermosa canción que expresa ben o espírito do libro: 

Hey Man (Now You're Really Living)




martes, 30 de outubro de 2018

ARRINCA UNHA NOVA EDICIÓN DO EpDLab

No post anterior falabamos do primeiro obradoiro no que 3º PMAR iniciaba a súa andaina en EpDLab, un proxecto, como diciamos, moi interesante, motivador e formativo.

Agora Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) publica na súa web os inicios desta nova etapa. "A nosa idea inicial foi traballar na reflexión sobre a desigualdade social dende unha perspectiva mediática... A partir de metodoloxías de acción-investigación, desenvolvemos esta tarefa usando apps, ferramentas de creación dixital e contidos dos medios de comunicación; en paralelo, traballamos a alfabetización mediática, o pensamento crítico, a comunicación inclusiva e a creatividade, co obxectivo principal de formar á cidadanía do futuro na denuncia da desigualdade, na loita pola xustiza social e na participación activa."

Invitámosvos a coñecer esta proposta e o traballo do alumnado nas súas webs.


venres, 26 de outubro de 2018

AVANZANDO CARA A IGUALDADE COAS NOVAS TECNOLOXÍAS


Hoxe comezamos a andaina no EpDLAB. Un proxecto novo, non para o instituto (que xa participou o curso pasado) , pero si para nós. EpDLAB é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento promovido por Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) no que están implicados 5 IES de Galicia. O seu obxectivo é "promover a reflexión colectiva sobre a desigualdade social dende unha perspectiva mediática, así como fomentar o pensamento crítico e motivar a expresividade e a responsabilidade no uso das redes sociais."

Van ser once os alumnos e alumnas, de 3º PMAR, que se van beneficiar deste proxecto. Hoxe coñeceron a Roi e participaron nas tarefas que lles ía presentando. Faloulles de sexismo e roles de xénero nos medios. Tema moi interesante e necesario para a formación da nosa rapazada, no que o noso centro, como sabedes, ten xa un longo camiño percorrido. Esta actividade non vén máis que a reforzar o noso traballo e o noso compromiso coa igualdade e os colectivos sociais máis desfavorecidos.

O alumnado comezou a traballar, primeiro, timidamente e, logo, con máis desenvoltura. Son uns rapaces e rapazas moi especiais que aproveitarán moitísimo estes obradoiros.

Sexismo, machismo, identidade, roles de xénero… Palabras todas elas que invitan ao debate e á reflexión. E, para finalizar, o resumo da sesión nunha imaxe (coa App Phonto) e unha frase.




Desde a biblioteca escolar intentaremos promover esta actividade de cara ao 25 de novembro, ligándoa ao noso proxecto Bibliomedia: unha invitación á comunicación.

E, para rematar, quero compartir a frase dun alumno: “Debemos ver o mundo cunha mirada crítica”.


Grazas EpDLAB.
Grazas Roi.



xoves, 25 de outubro de 2018

CLUB DE LECTURA "INCLUSIVA"

Este curso comezamos unha nova experiencia que resultou ser do máis interesante e motivadora.

Inauguramos un Club de lectura inclusiva e hoxe foi a presentación. Trátase dun club moi especial. Especial e enriquecedor. O alumnado de 3º PMAR comparte lecturas con mozos e mozas pero, tamén, con persoas máis maiores que teñen en común o gusto polas historias. Historias escritas, historias contadas. 

Persoas do Centro con Eles e rapazada do Centro de Educación Especial visitáronos hoxe para ler e falar do Lazarillo de Tormes. A lectura foi conducida  marabillosamente por Sandra, educadora do Centro con Eles. Houbo participación, risas, sorpresas. Moitos e moitas integrantes do Club leron en voz alta, dun xeito admirable, as aventuras e desventuras do Lazarillo co clérigo. Todo isto, acompañado das personaxes creadas polo alumnado de Sonia Omil, a profe de plástica, e das paisaxes e obxectos elaborados polos outros centros.

Como lección, querer é poder. A lectura compartida non ten fronteiras.






mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA




Nada mellor para celebrar o Día da Biblioteca que un libro. Libros que transmiten historias a través das palabras, das imaxes, das ilustracións. Libros que, como sinala a novelista británica, Jeanette-Winterson "comunican ideas e forman pontes entre as persoas".







Por iso, o alumnado de Imaxe e Son de 2º de bacharelato quixo achegarnos coas súas fotografías eses momentos lectores. Momentos nos que o libro se converte no principal protagonista.