xoves, 17 de xaneiro de 2019

XULIO VERNE, COMEZA A AVENTURA

Hoxe tivemos a primeira xuntanza do ano co Club de Lectura Inclusiva. Sandra fixo a presentación da nova lectura, 20000 leguas baixo dos mares, que promete un trimestre cheo de viaxes e aventuras. De seguro que aos nosos grandes lectores e lectoras lles vai encantar. Polo menos, iso esperamos!

Na próxima xuntanza comentaremos os primeiros capítulos e veremos eses debuxos de peixes do fondo do mar que cada centro irá elaborando. Ideas creativas para un club moi especial.

BULOS OU FAKE NEWS

Novo ano e nova sesión do EpDLab. A importancia de non quedarnos só co titular das noticias, buscar información o máis obxectiva posible e non deixarnos manipular son algunhas das conclusións que o alumnado puido sacar desta actividade. Ao final, como sempre, a parte práctica, a edición dun vídeo para rexeitar as falsas noticias.









Se queredes saber como descubrir un bulo, este é o vídeo que puidemos ver.


Tamén podedes visitar Stop rumores, Stop bulos.

xoves, 27 de decembro de 2018

LECTURAS PARA O NADAL


A LINGUAXE IMPORTA?

A última sesión deste ano no EpdLab resultou, como sempre, moi enriquecedora. Esta vez, María foi a encargada de facer reflexionar ao alumnado acerca da linguaxe empregada polos medios de comunicación. Déixovos a lizazón ao blog do Epdlab, por se vos apetece ler a entrada do noso instituto e, tamén, a dos demais participantes no proxecto.




xoves, 20 de decembro de 2018

Contos de lavandeiras con guindas de Nadal

Cris de Caldas encheu o Salón de actos cos seus contos. Contos de lavandeiras, de panadeiros e de Nadal. Contos doces como doces son os postres destas festas.

Amosounos a súa paixón polas historias. Historias que nos fixeron rir e, tamén, aplaudir. Uns aplausos que premiaban a súa capacidade de entusiasmar a un público moi diverso. Non só xente nova, senón tamén adulta