luns, 25 de novembro de 2019
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis a Biblioteca conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, poñendo nome ás vítimas e promovendo a lectura de poemas e libros que combaten este horror.
O IES Castro Alobre rexeita con forza a violencia de xénero cun magnífico traballo das titorías, que serve para sensibilizar ao alumnado ante esta lacra social.
Coa lectura dun manifesto puxemos punto final a este día que desexariamos non ter que recordar, pero que seguiremos combatendo con toda a nosa enerxía.
domingo, 24 de novembro de 2019
IGUAIS E DISTINTOS
Chegou o xoves e con el a segunda xuntanza do Club de Lectura Inclusiva O Labirinto. Tiñamos como tarefa pendente a lectura do capítulo 2 para saber como se ía desenvolvendo a vida de Gulliver en Liliput, pero antes pasamos un rato moi agradable coñecéndonos un pouco mellor.
Tivemos que pensar tres cousas que nos gustasen, dúas nas que poderiamos mellorar e unha que nos encantaría facer.
O resultado seguro que sorprendeu a alguén. Coincidimos en varias cousas: gústanos viaxar, estar coa familia e amizades, facer deporte... As mates, o inglés ou estudar, en xeral, cústanos un pouco e encantaríanos coñecer diferentes países.
Despois de reflexionar sobre isto, pensouse que a frase que mellor resumiría esta xornada e, por suposto, que teremos sempre en conta no noso club foi Iguais e Distintos. Unha boa ensinanza.
Para rematar, falamos un pouco do libro e o alumnado de 3º PMAR ensinou e explicou os debuxos que xa comezaron a facer.
Coma sempre, é unha honra compartir tempo de lectura con estas persoas excepcionais.
Ata a próxima xuntanza!
HÉCTOR E DENÉBOLA
Tamén deixou a súa pegada no libro de sinaturas da biblioteca e como el mesmo di, este "é o centro no que estiven máis veces". Como proba, a súa adicatoria no libro De remate.
Pero non só asinou neste libro. O alumnado fixo unha longa cola para levarse para a súa casa as palabras do escritor. A lectura de Denébola ben vale unha sinatura!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















