O alumnado de teatro de 1º ESO A e D achéganos unha foto dun ensaio de antes do Nadal. Esperamos que nos conten máis cousiñas sobre esa obra dirixida pola profesora Irene Romo.
domingo, 26 de xaneiro de 2020
martes, 21 de xaneiro de 2020
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA
Co comezo do ano queremos falarvos do noso grupo de voluntariado. Son alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO que nos están axudando moito na preparación de actividades e na organización da biblioteca. Nestas fotos podedes velos nalgunhas das tarefas nas que colaboran.
Moitas grazas a todos e todas e, tamén, á profe Irene.

luns, 23 de decembro de 2019
DEBUXANDO A GULLIVER
Rematamos trimestre e rematamos libro no Club O Labirinto. O alumnado de 3º PMAR ensínavos as láminas debuxadas da primeira parte do libro de Gulliver. Cando todos os membros do club rematen a súa particular visión deste libro, o alumnado do Colexio de Educación Especial fará a encuadernación. Seguro que quedará xenial!
xoves, 19 de decembro de 2019
DE PASEO POLAS BIBLIOTECAS
Rematamos o trimestre visitando as bibliotecas de aula. Atopamos un pouco de todo: algunhas deben mellorar e outras están espectaculares: libros variados, ben ordenados e, ademais, con ambientación do Nadal.
Convidámosvos a participar neste blog recomendando algún dos libros que ledes na Hora de Ler. A vosa opinión pode axudar a fomentar a lectura entre os compañeiros e as compañeiras.
Por último, darlle os parabéns a 2º ESO A e a súa titora Solange por animalos a ler e a ser unhas persoas creativas.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





