Un ano máis chegou o alumnado francés do Lycée Algoud-Laffemas de Valence ( https://algoud-laffemas.ent.auvergnerhonealpes.fr/) ao noso centro. A profesora Beatriz Alfonsín da sección bilingüe de francés é a responsable de elaborar o programa do intercambio; colaboran con ela, este curso, Irene Romo e Léopoldine Pintor. Dentro das actividades a realizar hoxe estiveron na biblioteca, participando no Proxecto Documental Integrado "Todos e Todas sumamos".
Agradecemos que se promova a participación deste alumnado no proxecto, como un exemplo de que é posible sumarse desde todos os ámbitos académicos.
Desexamos ao alumnado e profesorado francés que pase unha boa estancia na nosa terra.
Hoxe, 6 de febreiro, é o Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina. Desde o máis profundo rexeitamento, queremos amosar algúns recursos e historias que poden axudar a comprender mellor o que esta terrible e cruel práctica significa para moitas mulleres, aínda nenas, e concienciar da necesidade de levantar a nosa voz para, unha vez máis, dicir:
NON Á MUTILACIÓN XENITAL FEMININA
Esta é a historia de Sima, un vídeo publicado pola Fundación Entreculturas.
Esta é a historia de Mariam de Djibouti.
En Bref, un documental dirixido por Christina Pitouli e producido por Medicos do Mundo Cataluña, podemos coñecer a opinión de distintas persoas africanas que viven en España. Unha invitación ao debate e á reflexión.
Cada vez son máis as mulleres vítimas da ablación que loitan contra ela como Sewanatu, unha moza de 20 anos de Serra Leoa.
Reuniuse o Club de lectura inclusiva para ver a película Los viajes de Gulliver. A "sala de cine" foi unha acolledora biblioteca á que iamos por primeira vez. A biblioteca do Colexio de Educación Especial serviu, hoxe, de punto de encontro para disfrutar da última sesión adicada a Gulliver e as súas viaxes. No medio da película, unha sorpresa: palomitas! Agradable compañía, unha película divertida, pódese pedir máis?
O Grupo de Diversidades afectivo-sexuais xunto á Asociación de Comerciantes Zona Aberta convoca o I Concurso de fotografía "Regala Diversidade". Tedes de prazo ata o 8 de febreiro. Lede as bases e enviade as vosas fotos a esta dirección de correo lgtbihca@gmail.com .