venres, 15 de xaneiro de 2021

MITOS GRIEGOS

 Hoxe falamos de libros, mellor dito, dun libro, Mitos griegos de Maria Angelidou. O alumnado de 1º ESO B e E fixo un traballo espléndido, non só amosando unha grande creatividade co deseño da portada, senón tamén coa calidade das súas críticas. A maioría coincide en que é un libro entretido, fácil de ler, con mitos curtos e variados que tratan un tema de interese, a mitoloxía.

Nada mellor para unha biblioteca escolar que sexa o propio alumnado o encargado das recomendacións literarias.

Xa sabedes! Podedes achegarnos as vosas recomendacións ao noso correo electrónico bibliocastroalobre@gmail.com

Animádevos!


mércores, 30 de decembro de 2020

BO NADAL

 O alumnado de 1º ESO B e E quere felicitarvos o Nadal e, ao mesmo tempo, facer unhas recomendacións lectoras. Pasade o rato por riba de cada nome e poderedes ver a súa postal.


luns, 28 de decembro de 2020

DEBUXANTES PREMIADOS

 O martes 22 entregamos os premios do concurso Crea o teu Fan Art. O alumnado participante amosou as súas dotes artísticas. Aquí tedes a entrega de premios e unha selección dos traballos premiados.


luns, 21 de decembro de 2020

DERRADEIRO ADEUS, MARINA MONTENEGRO

Marina Montenegro Jamargo, alumna de 4º ESO I do noso instituto, vén de recoller o 2º premio do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino en colaboración con Culturalia GZ.

A súa poesía, Derradeiro adeus, é "un poemario con versos sinxelos, tratándose dunha poesía realista, mais cunha carga emocional que esperta as emocións e a empatía cara á persoa autora. Hai tema presente en todos os versos que son a dor e a tristura que provoca un adeus. Cando amamos de verdade, ninguén está vacinado nin hai a apócema para unha despedida." (extraído de Culturalia GZ)

Nesta presentación podedes ler a poesía e visitar as ligazóns que se fixeron eco da noticia.

Parabéns, María. Este merecido premio por unha poesía tan fermosa é un orgullo para o noso centro.