venres, 15 de outubro de 2021
REIVINDICANDO A IGUALDADE
xoves, 7 de outubro de 2021
OS LIBROS TAMÉN SAEN DO ARMARIO
O 11 de outubro é o Día Internacional da Saída do Armario e a biblioteca quere apoiar ao colectivo LGTBI+ como mellor sabe facelo, compartindo lecturas e abrindo as portas para que tamén os libros saian do armario.
QUE LIBRO ESCOLLEMOS?
mércores, 6 de outubro de 2021
CLUB DE LECTURA
Con moitos ánimos e moitas ganas comezamos este curso. Mañá teremos a primeira reunión do Club de lectura do alumnado. Despois do gran traballo desenvolvido por Raquel, serán Ana (profe de galego) e Teresa (profe de castelán) as encargadas de promover as lecturas entre os mozos e mozas do noso instituto. Agradecemos a súa boa disposición para afrontar este reto.
xoves, 9 de setembro de 2021
ABRIMOS AS PORTAS DA BIBLIOTECA!!!
Comezamos curso escolar cunha nova moi satisfactoria. Recuperamos a nosa biblioteca. Si, xa podedes ir ler, facer traballos, buscar información, libros, películas ou, simplemente, estar nela.
Estamos a
preparar o Protocolo Covid para que a reapertura sexa segura: distancia de
seguridade, máscara, hixiene de postos e mans e aforo reducido a un 75% da súa
ocupación total. Publicaremos estas medidas no blog para dalas a coñecer.
O curso pasado
tiñamos unha biblioteca chea de libros e, tamén, chea de alumnado. Isto estaría
moi ben se alumnos e alumnas fosen alí voluntariamente, pero a biblioteca, por
motivos que todos e todas coñecemos, tiña función de aula. Nesa aula de 1º ESO
D estaba Sabela. Sabela Fernández Blanco leu La
biblioteca de los libros vacíos de Jordi Sierra i Fabra para a materia
de Lingua castelá e Literatura, un libro que fala da importancia das
bibliotecas e da necesidade de telas e usalas para a formación da cidadanía.
Esta alumna fixo un vídeo extraordinario sobre este libro co que queremos
inaugurar este novo curso escolar. Un curso moi especial de reapertura e reencontro
cun espazo cheo de saber e de aventuras, imprescindible nun centro educativo. E
nada mellor para inauguralo que un vídeo sobre bibliotecas e libros creado por
unha alumna.
Grazas, Sabela,
polo teu traballo e grazas, tamén, a súa titora e profesora de Lingua castelá,
Lupe Porto, por compartilo con nós.
![]() |
| Para ver o vídeo clicar aquí |







