xoves, 2 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

Aldán Cid, alumno de 1º ESO, e Begoña, profe de Matemáticas, recomendan estes libros para o Nadal.


UNHA IMAXE DE CINE

 Recordamos a convocatoria do concurso deste trimestre, Unha imaxe de cine.

Animádevos a participar!!!! Aínda hai tempo.

mércores, 1 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Este Nadal teremos unhas recomendacións de luxo. Será o alumnado, profesorado e persoal non docente quen nos achegará eses libros que lle fixeron pasar un bo rato. Cada día uns libriños. Ide tomando nota!

LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

QUE PESA MÁIS?

O 25 de novembro a Biblioteca aportou, coma todos os anos, o seu gran de area, ou mellor dito, os seus grans de arroz, para recordar que toda a sociedade debe implicarse na loita contra a violencia machista.

Coa pregunta Que pesa máis? e unha balanza quixemos simbolizar esa loita. Xa moi cedo, o alumnado, sobre todo, conseguiu que o rexeitamento á violencia e, polo tanto, o seu apoio na defensa das mulleres, que soportan estas situacións, saíse vencedor.
 

Desexamos que todo o noso empeño por terminar con esta lacra chegue a bo porto e algún día todas esas mulleres vítimas de maltrato poidan ver a luz. 




Durante toda a mañá o alumnado tivo unha sesión na que se leu un manifesto e se visualizaron unhas presentación feitas polo Equipo da biblioteca.