martes, 8 de marzo de 2022

LIBROS CON NOME DE MULLER

No Día Internacional da Muller Traballadora, a Biblioteca quixo visibilizar
Libros con nome de muller
, destacando, así, ás protagonistas femininas que dan título ás obras de autores e autoras. E xa, de paso, invitar á lectura dos libros dos nosos expositores.

Ademais, queremos agradecer á nosa compañeira de equipo e profe de Plástica, Sonia Omil, os fermosos traballos do seu alumnado.






MÁIS MÁSCARAS

 Máis fotos dalgunhas das máscaras do Entroido. Todas relacionadas con títulos de libros. E para o ano, máis!







venres, 25 de febreiro de 2022

CHEGOU O ENTROIDO...

E con el, o noso concurso de máscaras con título de libros, expostas no vestíbulo e nos corredores. Seguimos promocionando a lectura de xeito lúdico. Así quedaron os premios:
    1º premio: Un ollo de vidro
    2º premio: Kitsune
    3º premio: Frida Kahlo
    4º premio: O lapis do carpinteiro
    5º premio: La mente del samurai, Dragón, Animales Fantásticos
Tamén demos tres premios especiais TEI (Titoría entre iguais):
    - Thanos
    - Alicia en el País de las Maravillas (a máscara coas cartas e un reloxo)
    - Caperucita roja
Parabéns ao alumnado vencedor e participante. Houbo traballos realmente fermosos.


Estas son algunhas mostras do traballo compartido do alumnado TEI.


O Equipo de Normalización Linguística amosounos nun mural o Entroido en Galicia

xoves, 24 de febreiro de 2022

SEGUIMOS A VIAXE NO CLUB DE LECTURA

Nova xuntanza, antes do Entroido, do Niño da Curuxa. As lecturas están gustando e o alumnado comparte con entusiasmo as súas impresións sobre Las lágrimas de Shiva e Jules Verne e a vida das mulleres planta.

Para marzo queda a nova lectura, que vai sobre peixes... Xa veremos. Esperamos sorprender aos curuxainos e ás curuxainas.

Coma sempre, tedes máis información no blog do Club. Clicade aquí.