E coma sempre, tedes máis información e máis fotos no blog do Club. Clicade aquí
domingo, 8 de maio de 2022
HOYOS, UNHA BOA LECTURA
Nova xuntanza do club para falar de Hoyos de Louis Sachar. Gustou a lectura e suscitou debate. Ademais, unha boa noticia para os curuxainos e curuxainas. O día 12 poderán ler poesía ou algún un libro que queiran compartir nun espazo dieferente. Nada menos que en Santiago. Viaxe cultural con lectura incluida. Non podería ser mellor plan!
venres, 22 de abril de 2022
AS IMAXES DOS LIBROS
Como sabedes, o 23 de abril celebramos o Día do Libro e, coma sempre, queremos recomendarvos lecturas que podedes atopar nos expositores e, por suposto, na biblioteca.
Tamén buscamos algunhas imaxes de actividades destes anos e recordáronnos algúns títulos de libros. A ver que vos parecen. Seguro que vos animades a ler, aínda que non sempre sexan novidades.
Boas lecturas hoxe e sempre!
luns, 18 de abril de 2022
PLÁCIDO CASTRO
Na semana do 4 ao 8 de abril lembramos cunha exposición biográfica a figura de Plácido Castro, importante figura do galeguismo histórico vencellada a nosa vila. Tamén fixemos unha exposición de libros doados á biblioteca pola Fundación Plácido Castro.
Se queredes coñecer máis a fondo a Plácido Castro podedes vir á biblioteca e levar en préstamo algún dos libros doados ou podedes visitar a páxina da Fundación https://www.fundacionplacidocastro.com/
A POESÍA CHEGA AO CLUB
Sempre é un reto recomendar a lectura de poesía á mocidade, pero temos a sorte de contar cun club lector que afronta calquera tipo de lectura con entusiasmo. É así celebramos o Día da Poesía: recitamos, mostamos caligramas e poetizamos imaxes.
Máis info no blog do Club Curuxaina http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2022/03/a-poesia-chega-ao-club.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)