mércores, 10 de maio de 2023

UNHA GRANDE OBRA

A exposición picassiana xa se pode ver no taboleiro da biblioteca. Todo un exemplo a seguir.

PICASSO 2023

No Club de lectura quixemos adicarlle un espazo á creatividade. Na xuntanza co Colexio de Educación Especial lemos unha pequena biografía de Picasso. Para rematar a sesión, nada mellor que imitar a este grande pintor e o resultado foi marabilloso.
Pasámolo tan ben que xa esperamos a seguinte xuntanza que, por certo, será a última deste curso. Teremos algunha sorpresa?




FILOSOFÍA SEN LÍMITES

O departamento de Filosofía implícase no PDI "Sen límites" co alumnado de 4º ESO. Estiveron na biblioteca misturando lectura en papel e novas tecnoloxías, necesarias para elaborar unha presentación en PowerPoint.

Consultaron, entre outros: Darwin de Tim M. Berra e Mujer, raza, clase de Angela Davis.




LENDO NA BIBLIO

 Na semana de lectura tamén o alumnado de Francés e de Inglés pasou pola biblio para ler nesta lingua.

Agradecemos a súa participación na conmemoración do Día do Libro.

mércores, 3 de maio de 2023

DESCONOCIDOS

 Desconocidos irrumpiu con forza no Club do alumnado. Gustou moito este libro de David Lozano. Foi unha xuntanza interesante que deu moito que falar. Os Curuxainos e Curuxainas anímanse cada vez máis a compartir os seus puntos de vista sobre as lecturas.

Máis info en http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2023/05/no-club-de-lectura-falamos-de.html