mércores, 21 de febreiro de 2024

AS MÁSCARAS

 Moi boa participación no concurso de máscaras. Realmente, os nosos mozos e mozas teñen moito talento. Buscaron personaxes literarios moi variados e imitaron os seus trazos.

Parabéns!!!

Estes son os premios:

1º premio. "Ming o Despiadado" (Flash Gordon) de Román Prieto Rodríguez

                    "A Raíña de Corazóns" (Alicia no País das Marabillas) de Ángela Fanjul Suárez

2º premio. "A serpe. Voldemort" (Harry Potter) de Antía Fernández Paulos

                    " Pinocho" de Raúl Novás

3º premio. "Drácula" de Marcos Martínez Saborido e de Pablo Castrelo Cochón e "Long John Silver" (A illa do tesouro) de Kenay Jessy Mollinedo Martín

MÁSCARAS DE ENTROIDO

 Ademais do concurso de máscaras aberto a todo o alumnado, o Club de lectura, E ti que contas?, fixo un obradoiro de máscaras de personaxes literarios e o alumnado de Cultura clásica de 4º C e E ofreceunos a súa visión particular das máscaras gregas e romanas. 


Tampouco faltaron os mandados do Entroido.

XOGAMOS NA LUDOTECA

 Xa temos novos xogos cos que vos podedes entreter nas horas de lecer. 

Pasade pola Ludoteca!! Tamén temos xadrez e damas. Por certo, esta semana comezou o concurso de xadrez. Xa vos iremos dicindo como van as partidas. Polo de pronto, estes son algúns dos xogos que mercamos. Tamén os podedes consultar no catálogo da nosa biblioteca.

NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE

 Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo mergullounos nun mundo de corrupción que nos deu moito que falar e nos convidou a reflexionar sobre o mundo no que vivimos. Lectura entretida que gustou. Só o epílogo nos pareceu prescindible e non encaixamos ben o comportamento final de Gael.

Como os demais libros de Feijoo, recomendamos a súa lectura.

UN GRATO DESCUBRIMENTO

O club de lectura con-ciencia, despois de ler e falar sobre Los juegos del hambre, viron a película que, por motivos técnicos, tivo que cambiar a ubicación e non se puido ver na biblioteca. O alumnado quedou encantado e con ganas de pasar á seguinte lectura, Rebelión en la granja de George Orwell.

Máis info na ligazón do blog do club: 

https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2024/02/un-grato-descubrimiento.html