venres, 23 de febreiro de 2024
ROSAL-IA
ENTREGA DO CONCURSO DE MÁSCARAS
Entregamos os premios do concurso de máscaras. de novo, parabéns pola creatividade e por axudarnos a difundir,dunha maneira diferente, personaxes de libros.
xoves, 22 de febreiro de 2024
A CANDELORIA
A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa. Centos de cartas recorreron a aulas do noso centro. Cartas de amor e de amizade para celebrar este día. Tamén, expuxemos uns murais do alumnado de 4º ESO de Cultura clásica sobre Parellas mitolóxicas. Deixamos nesta entrada uns exemplos.
ILUSTRADORAS CIENTÍFICAS
Nos tempos nos que non era habitual a fotografía e aínda nos se podían nin imaxinar as recreacións en 3D, era necesario debuxar plantas, peixes e animais "extraordinarios" para ilustrar os estudos científicos. Moitas desas ilustracións foron feitas por mulleres; de novo, a muller estaba presente na ciencia.
Podedes obter máis información na web de Mujeres con ciencia e en Las mujeres en la ilustración científica.
AGASALLO ENVELENADO
O 6 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina, unha práctica aberrante que debemos condenar con todas as forzas e da que, desgraciadamente, pouco se oe falar. É importante que o noso alumnado saiba o que é este tipo de violencia contra as mulleres, cando aínda son unhas nenas, e que aprendan a rexeitar estas barbaridades que atentan contra a dignidade e tamén da vida, neste caso, de moitas menores.
Este ano propuxemos que se dese a coñecer a MXF a través de catro ilustracións de Jilla Dastmalchi. Publicáronse en distintos medios de comunicación como o xornal dixital BBC News Mundo. Corresponden ás historias persoais de Layla, Sharifa e Jamila (todos nomes non reais) que sufriron esta práctica con 11 ou 12 anos, dez e nove respectivamente).
O xornal comezaba a noticia con esta frase:
"La mutilación genital fue mi recompensa por aprobar los exámenes".
Que duro! Canto mellor sería suspender. se o agasallo leva tanto veleno!
Toda a historia destas nenas, agora xa mulleres, podedes lela nesta ligazón https://www.bbc.com/mundo/noticias-56645097











