martes, 27 de setembro de 2016

DESCUBRINDO OS INVENTOS

Novo curso, novas actividades, nova cabeceira e, tamén, novo proxecto coordinado pola biblioteca, "Descubrimentos e inventos". Pero mentres poñemos en marcha toda a "maquinaria" para desenvolvelo, un anuncio que estades esperando con impaciencia:

O PRÉSTAMO COMEZARÁ O LUNS 3 DE OUTUBRO

Perdoade a demora, pero necesitabamos un tempo de organización.

A biblioteca comeza a súa andaina nun mundo de imaxinación e creación.

Colaborade con nós. Só así terán sentido os nosos proxectos.

martes, 28 de xuño de 2016

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: AS BIBLIOLIMPIADAS

Como resumo dun curso bibliolímpico, déixovos un enlace no que podedes consultar a documentación elaborada polo equipo de Dinamización da biblioteca.
Agradecemos a todo o profesorado e ao alumnado a súa colaboración nas propostas presentadas por este Equipo.
Finalizamos proxecto, finalizamos curso e xa temos novas ideas pero, de momento, descansade e que pasedes unha boas vacacións.

https://drive.google.com/folderview?id=0B72EEzU63Ik4X2tyWU1OMTFGejA&usp=sharing

luns, 20 de xuño de 2016

UN CUENTO POR RELEVOS

Publicamos o traballo realizado polo alumnado de 2º ESO D e dirixido polo profesor José Sabarís. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Documental Integrado "As Olimpiadas".

Un Cuento por relevos