xoves, 19 de abril de 2018

RESCATANDO PALABRAS NO DÍA DO LIBRO

Este ano, no Día do Libro, lembramos as linguas dos pobos indíxenas e minoritarios e quixémolo facer a través das palabras. Palabras que nos axudasen a coñecer estas linguas. Con este propósito abrimos as portas do noso centro e chegamos ao parque de Ravella, para facelas visibles. 
O noso obxectivo é concienciar á cidadanía sobre a necesidade de valorar e protexer as culturas dos pobos indíxenas e as súas linguas.





                                    
E, por último, as recomendacións de lectura

sábado, 14 de abril de 2018

CONCURSO DE DESEÑO


O Grupo de Normalización de Diversidades Sexuais convoca un concurso de ilustración. Podedes entregar os vosos traballos ata o 1 de maio.

Animádevos a participar!! 


xoves, 12 de abril de 2018

ENTREGA DE PREMIOS

Xa temos as gañadoras do concurso Ao Bibliorescate!

Parabéns e grazas a todos e todas por participar!

1º premio de 150€ para Carolina de las Fuentes e Nuria Regueiro (2º bacharelato C)


2º premio de 100€ para Clara Senín e Ángela López (2º ESO D)


3º premio de 70€ para Lucía González (4º ESO A)


 A foto de grupo


luns, 19 de marzo de 2018

LOS OJOS DE LA GUERRA

Interpretando libremente a frase de Xulio César, pronunciada ante o Senado romano, Veni, vidi, vici, Antonio Pampliega Chegou, falou e gañou. Gañouse a un alumnado, totalmente entregado, con só dúas armas: a palabra e a fotografía. Un alumnado silencioso, respectuoso, emocionado e impresionado pola dura realidade que o xornalista, especializado en conflitos armados lle ía amosando.
Los ojos de la guerra eran os ollos de Pampliega que percorrían as guerras de Siria, Somalia, Sudán do Sur, Congo, Afganistán e Iraq. Ninguén podía manterse indiferente. Rostros adolescentes conmovidos coas historias reais de mulleres, nenos, nenas e homes. Pero tamén o profesorado reflexionaba. Momentos intensos. A guerra ten cara, ten nome, ten vida. Unha vida entre cascallos, berros, bombas, ataques aéreos, destrución. Vímolo e oímolo.
E, entre todo isto, a voz de Antonio Pampliega. A voz da conciencia que sobrevoaba por enriba das nosas cabezas. Temos dereito a saber, a coñecer todo o que pasa no outro lado do muro. Reivindicación da prensa como informadora veraz. Sementeira de dúbidas. Convennos solucionar os problemas destes pobos en guerra? Estamos dispostos a renunciar aos nosos privilexios? Que pode facer a xente, cando as súas cidades quedan completamente destruídas? Ante os nosos ollos, un novo problema para Occidente, as migracións.
Antonio Pampliega, comprometido con visibilizar o sufrimento, sente a obriga de compartir as súas experiencias como aprendizaxe. "No os dejéis manipular. Pensad por vosotros mismos". As mensaxes ían calando paseniño no alumnado.
E, para rematar, unha frase, "Me afectan mucho los vivos que lloran a los muertos"; e un sorriso, o dos nenos e nenas nun soto, na escola.
Aínda que pareza mentira, a vida continúa.
Grazas, Antonio. Mil grazas.
Guadalupe Vilar
Coordinadora da Biblioteca


Libro de sinaturas da Biblioteca