O xoves 26 de maio retomamos a celebración das Letras no Alobre, un día diferente con moitas actividades culturais. Houbo obradoiros de teatro, de percusión, xincanas literarias, recitais poéticos, murais literarios... E marcapáxinas solidarios.
luns, 30 de maio de 2022
mércores, 25 de maio de 2022
MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE
O xoves 26 de maio celebramos o Día das Letras no Alobre. A biblioteca recadará fondos para os menores do Corno de África, en colaboración coa ONG Save the Children. Poderase doar a cantidade que se estime oportuna a cambio dun marcapáxinas que deseñará o alumnado de 1º ESO, unha das actividades que se celebrarán ao longo de toda a mañá. Os marcapáxinas estarán no posto de préstamo de libros que poremos no patio.
Esperamos a vosa axuda!!
PREMIOS RELATA VILAGARCÍA
Por fin, entregamos os premios do último concurso, Relata Vilagarcía.
Yasmín, Antía, Laura e Aarón (en nome de Iván) recolleron os vales para mercar nunha librería e acompañar esas lecturas cunhas saborosas merendas na cafetería do noso centro. Parabéns!!
xoves, 19 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
Este ano as Letras galegas están adicadas a Florencio Delgado Gurriarán e, coma todos os anos, promovemos, desde a biblioteca, que se dea a coñecer a este escritor. Nada mellor para iso que visitar a web As leras de Florencio onde podedes atopar moita e moi interesante información. Clicade aquí 👉
Ademais, expuxemos no vestíbulo e na biblioteca libros en galego para animar a súa lectura.venres, 13 de maio de 2022
LECTURAS AO AIRE LIBRE
Este xoves o Club de lectura foi a Santiago. Alí visitou a Biblioteca, a exposición do Surrealismo e, ademais doutras actividades, leu fragmentos de libros que cada membro do club levaba para compartir.
Polo que nos comentaron foi unha mañá moi especial.
Máis info no blog do Club http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2022/05/saimos-ler.html





























