Un ano máis festexamos letras no Alobre, un día diferente con actividades variadas para todo o alumnado.
Como exemplo, un obradoiro de percusión
ou un obradoiro de teatro impartido por Anabel Gago de Matrioska teatro.
Un ano máis festexamos letras no Alobre, un día diferente con actividades variadas para todo o alumnado.
Como exemplo, un obradoiro de percusión
ou un obradoiro de teatro impartido por Anabel Gago de Matrioska teatro.
Na última xuntanza da Curuxa sabia descubrimos a Aurora Venturini, que escribiu Las primas pasados os oitenta anos. Desde logo, esta lectura non deixou indiferente a ninguén e a linguaxe empregada, en nada "politicamente correcta", levounos a debater a actual pretensión de corrixir os textos dalgúns autores.
É unha lectura de temática dura protagonizada por mulleres
con distinto grao de discapacidade, que invita á reflexión: abusos contra as
mulleres, prostitución, aborto... Pero, a pesar de todo isto, Aurora Venturini,
ás veces, é capaz de provocar un sorriso na persoa lectora coa súa forma de
narrar ou, mellor, dito, coa maneira que Yuna é quen de contarnos esta tremenda
historia.
Recomendamos esta lectura e xa nos preparamos para a
seguinte, La desconocida de Rosa Montero.
Este ano as Letras Galegas adicáronse a Francisco Fernández del Riego. Podedes consultar información nesta ligazón da Real Academia Galega
https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego
O departamento de Francés súmase ao Proxecto Documental Integrado con estes vídeos do alumnado de 2º de bacharelato.