luns, 18 de decembro de 2023
DEREITOS HUMANOS
CLUB DE LECTURA
martes, 5 de decembro de 2023
ENTREGA DE PREMIOS
Entregamos os premios ao alumnado gañador dos Relatos de Terror. Gabriel e Xiana de 1º ESO, Xiana de 2º ESO, Antía de 4º e Elena de 2º de bacharelato pasaron pola biblioteca para recoller un vale agasallo para unha tenda de cómics.
Parabéns para todo o alumnado participante. Houbo un nivel moi alto que nos serviu para coñecer a grandes escritores e escritoras.👏👏👏
xoves, 23 de novembro de 2023
ICEBERG CONTRA A VIOLENCIA
Seguimos a recordar o 25 N para dicir BASTA. A biblioteca ofrece lecturas para reflexionar sobre os distintos tipos de violencia: a visible e a invisible. Só se somos plenamente conscientes desta situación, poderemos alzar a nosa voz para acabar con este tipo de violencia.
Asasinatos, feminicidio, violación, insultos, berros, linguaxe sexista, desprezo, micromachismos..., todo ben visible no iceberg contra a violencia machista da biblioteca.
mércores, 22 de novembro de 2023
E TI QUE CONTAS?
O luns xuntouse o Club de lectura E ti que contas?, na biblioteca do Colexio de Educación Especial. Tocounos falar de Muhammad Ali. Fixemos un percorrido pola súa vida, atendendo especialmente ao empeño que puxo en conseguir os seus soños; tamén, nos gustou a súa loita pola igualdade.
Chegamos á conclusión de que, se realmente queremos conseguir algo, debemos loitar con todas as nosas forzas por conseguilo.
Rematamos a xuntanza coa elaboración dun mural que adornou a biblioteca. Que momentos máis fermosos e especiais vivimos neste Club. E agora a pensar na seguinte lectura. Tamén do mundo do deporte.









