venres, 23 de outubro de 2015

NOVO CURSO, NOVO BLOG

Comezamos este novo curso inaugurando un blog, que esperamos sexa do voso agrado. Desde aquí, informarémosvos de todo o que vai acontecer na biblioteca, das novidades de lectura, dvds e revistas, das actividades e certames,...
Pero tamén queremos a vosa participación. Participación do alumnado, profesorado, persoal non docente, familias. Entre todos e todas podemos facer deste blog un foro aberto a suxestións, recomendacións, opinións e, como non, abriremos un espazo para as vosas creacións.
Comezamos, polo tanto, esta andaina coa Formación de usuarios e usuarias da biblioteca escolar para 1º ESO e Ciclo, e coa campaña de outubro Agardámoste cos libros abertos, que estes días inundará o noso centro.
Anímate a colaborar con nós!


ESTE BLOG É O TEU BLOG!


Guadalupe Vilar, Dinamizadora da Biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario