O venres 29 de abril celebramos, por fin, as
Bibliolimpiadas deportivas. Cun sol espléndido e moita animación comezou o
desfile de todos os grupos participantes ( 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º de bacharelato),
precedido polo “comité organizador” (Equipo de Dinamización da Biblioteca,
departamento de Educación Física e, como non, @s tres voluntari@s da biblio).
Despois do discurso de apertura, chegou un
dos momentos máis esperados, o acendido do pebetero a cargo de Marga, Iago e
Alberto (@s profes de Educación Física).
Toda a cerimonia estivo acompañada polo “himno
bibliolímpico”, unha creación de 3º ESO A, dirixida polo profesor de Música,
David Regueiro.
Comezaron, entón, as probas deportivas. Os
distintos niveis competían entre si nas seguintes disciplinas: salto de altura,
salto de lonxitude, lanzamento de xabalina, lanzamento de peso e varias
modalidades de carreiras. Houbo momentos moi emocionantes. Os atletas e as atletas
loitaban pola vitoria da súa clase, facendo un marabilloso traballo en equipo. O verdadeiro espíritu bibliolímpico!
Para rematar a xornada, chegaron os podios. O
alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de urbanismo, Paola
Mochales, entregaron as medallas aos grupos gañadores:
- medalla de ouro: 4º ESO A
- medalla de prata: 3º ESO C
- medalla de bronce: 2º ESO B
Queremos facer unha mención especial a 1º de
bacharelato C porque, aínda que non acadou unha medalla, si que é un grupo
gañador polo seu entusiasmo, pola súa participación, polo seu traballo en equipo,
polas súas vitorias e, sobre todo, polo seu espíritu olímpico.
Por último, temos que agradecer ao Equipo
directivo o seu apoio por permitirnos levar a cabo este proxecto, ao Departamento
de Educación Física a súa implicación no deseño e dirección das probas
deportivas, aos titores e titoras a súa axuda para que o alumnado poidese elaborar
as bandeiras e os distintivos das camisetas e, por suposto, agradecemos a todo
o profesorado a súa colaboración neste día de celebración das Bibliolimpiadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario