O alumnado de 2ºESO descobre a ciencia en feminino coa USC
O venres 6 de novembro, as aulas e a Biblioteca do noso instituto acolleron un obradoiro de xogo moi especial, organizado polo Departamento de Matemáticas. A actividade, dirixida ao alumnado de 2ºESO, foi impartida por Fátima e Kamil, dúas estudantes do Grao de Matemáticas da USC.
A través do xogo e en equipo, o alumnado descubríu a vida de cinco científicas históricas, o que o levou a aprender e a reflexionar sobre os retos aos que se enfrontaron as mulleres por facer ciencia en feminino. Ademais, esta iniciativa abre a porta a que o estudantado poida conectar e formularlle as súas dúbidas a matemáticas actuais.
Unha xornada diferente para aprender ciencia en equipo e con perspectiva de xénero. Grazas a Fátima e Kamil pola súa visita!