luns, 11 de novembro de 2019

A CURUXA SABIA

A sección máis "xoven" do Club de lectura A Curuxaina é A curuxa sabia, formada por profesorado do centro e, tamén, por compañeiras e compañeiro (así, en singular) que xa non forman parte do Claustro, pero que lles apetece compartir momentos lectores con nós.

Temos novas incorporacións: Raquel, Leo, Rocío, Marián, Teresa, Elisabet; e segue Esther como coordinadora, que se encarga de poñernos as pilas.



O xoves pasado tivemos a primeira xuntanza na que comentamos o último libro lido, Las mujeres que compran flores, e eliximos a nova lectura, Lectura fácil de Cristina Morales, Premio Nacional de Narrativa 2019. Neste libro, en palabras da autora "Mi intención era poner al lector en la diana... El libro va a atacar al lector. Y muy probablemente el lector se sienta, cosa rara en la literatura, más del lado del antihéroe que de las heroínas" (Infolibre, 17/01/2019). Esas heroínas, cunha discapacidade intelectual, teñen nome de muller, Nati, Patri, Marga e Àngels, e comparten un piso tutelado. Un libro que seguro nos dará moito que falar.




1 comentario:

  1. Moitas grazas Lupe pola túa labor.
    Un ano máis, con novas gañas e nov@s compañeir@s para acompañarmonos nesta andaina literaria e lúdica. Adiante!!!

    ResponderEliminar