venres, 23 de abril de 2021

INSTRUCIÓNS PARA LER CORRECTAMENTE

Como hoxe é o Día do Libro, queremos achegarvos unhas instrucións que debemos ter en conta para ler correctamente. Unha vez escollida a lectura apropiada, tamén é importante seguir unha serie de pautas para que sexa completamente satisfactoria e que poidamos disfrutar realmente desas marabillosas historias que conteñen os libros.
É o alumnado de 1º de ESO B e E o encargado de facer estas recomendacións. Mirade estes vídeos e xa veredes como vos poderedes transportar a eses fantásticos mundos.
Agradecemos estas propostas creativas das alumnas e alumnos para mellorar a capacidade lectora nun día tan importante para as bibliotecas coma este.
Ademais, na seguinte ligazón podedes ver as nosas recomendacións lectoras http://bibliocastroalobre.blogspot.com/2021/04/dia-do-libro.html
.






Ningún comentario:

Publicar un comentario