luns, 29 de maio de 2023

LETRAS NO ALOBRE II

 Neste día importante no noso centro non debemos esquecer as actividades relacionadas coa lectura. Houbo unha xincana literaria, no que cada equipo leva o nome dun autor ou autora, e Carteleando, na que o alumnado de 2º ESO tiña que realizar unha serie de probas relacionadas con persoeiros do mundo das ciencias e das artes.

Tamén houbo representacións teatrais. O alumnado de 1º ESO representou un fragmento de Segismundo y compañía de Fernando Lalana.

O alumnado de 3º ESO representou La Celestina.
Representación en galego do alumnado de 4º ESO.
E un vídeo de Roald Dahl gravado na biblioteca polo alumnado de 3º ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario