No
marco da mobilidade Erasmus+ coas Açores, entrevistamos a Beatriz,
profesora da Escola Secundária Domingos Rebelo, quen nos explicou a
traxectoria e a importancia deste proxecto europeo no seu centro
educativo.
A continuación, as verdadeiras protagonistas desta
experiencia, as alumnas participantes no intercambio, compartiron o
seu testemuño. Explicaron como foi o proceso de selección para
formar parte da mobilidade, falaron da experiencia de acoller nas
súas casas e relataron as vivencias e aprendizaxes adquiridas
durante a súa estadía na Galiza. A entrevista foi conducida por
Ainara, alumna de 4º da ESO e participante nesta mobilidade como
acolledora dunha estudante açorianas.
Para terminar, Ainara convidou
as alumnas a animar outros mozos e mozas a participar nos proxectos
Erasmus+, destacando as oportunidades que os intercambios ofrecen.
Esta experiencia puxo de manifesto, unha vez máis, como o galego
pode actuar como unha valiosa ponte de comunicación coa lusofonía,
facilitando o encontro entre culturas e fortalecendo os lazos entre
Galiza e os territorios de fala portuguesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario