sábado, 22 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

Como cada ano, desde 1997, o 24 de outubro commemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. Esta data recorda a destrución da biblioteca de Sarajevo incendiada o ano 1995 durante a Guerra dos Balcanes.
Este ano o cartel do Día da Biblioteca difunde o texto do pregón encargado a Ledicia Costas, moi coñecida para todos e todas nós. A ilustración é de Elena Odriozola, Premio Nacional de Ilustración no ano 2015.

Reproducimos as palabras de Ledicia Costas extraídas de Facebook:
Hoxe fíxose público o cartel do Día da Biblioteca. Cando me encargaron este texto que ilustrou a grande Elena Odriozola (último Premio Nacional de Ilustración), sentinme moi afortunada. Pego a continuación a tradución ao castelán, que é a versión que viaxará por todas as bibliotecas nas vindeiras semanas. Feliz Día das Bibliotecas! 

  


Ningún comentario:

Publicar un comentario