Bicos forzados é a contribución do departamento de Grego ao PDI deste curso "A forza dos bicos". O alumnado de Cultura clásica de 4º ESO tivo que informarse sobre mitos nos que se contaban violacións, raptos ou persecucións. Despois de ter comprendida a información, debían seleccionar a parte da historia na que estivese presente a violencia machista. Finalmente, elaboraron un mural para expoñer nos corredores o 25 N.
Ningún comentario:
Publicar un comentario