xoves, 9 de outubro de 2025

FORMACIÓN NA BIBLIOTECA

Comezamos xa a formación de alumnado usuario. 1º ESO E foi o primeiro en vir á biblioteca. Informamos aos alumnos e alumnas das normas de préstamos, ensinámoslle a localizar os libros e convidámolos a participar nas actividades que organiza a biblio. 
Para rematar, tiveron que facer unha sopa de letras para buscar personaxes de libros.

1 comentario:

  1. Moi boa idea. Que os que entran novos saiban desde o comezo que a biblioteca é un lugar esencial en calquera escola e que ler sempre vale a pena. Ánimo e seguide publicando cousas. Agradécese o traballo.

    ResponderEliminar