Este venres no recreo tivemos unha gran festa na biblioteca, un grupo de cuarto deu un pequeno concerto co profe de música Ismael e despois fixemos a entrega de premios aos dous concursos que tivemos este mes: "PORTADAS TOLAS"o concurso para 1º de ESO, os traballos presentados foros tan bos que todos tiveron premio . Parabéns! Aqui redes algunhas das portadas:
O concurso de Tumbas e Epitafios tivo un gran éxito, e foi moi complicado escoller as gañadoras... había epitafios divertidos e tamén arrepiantes e tumbas que eran verdadeiras obras de arte... Temos grandes artistas no noso centro.
E aquí redes vídeo feito pola profe Marisa que resume toda esta celebración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario