Xuntanza do Club de Lectura
Despois dun longo verán cheo de lecturas, tocou xuntarnos de novo para falar de libros, neste caso de La hija de Santiago del Molino. Unha historia que nos descubriu a vida dunha pintora do século XIX, Rosario Weiss discípula de Goya. Pareceunos unha lectura interesante, ainda que coincidimos en que a segunda parte do libro era un pouco redundante. Antes de despedirnos escollimos as próximas lecturas: As humidades, primeira novela de Alba Tomé antiga alumna do noso centro e Ana no de Agustín Gómez Arcos. Vemonos en novembro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario