xoves, 26 de novembro de 2026

VIAXANDO Á INDIA

La trenza o el viaje de Lalita de Laetitia Colombani levou ao Club de lectura E ti que contas? ata a India.

O alumnado de 3º PDC compartiu, de novo, lectura coas compañeiras e compañeiros do Colexio de Educación Especial.

La trenza o el viaje de Lalita é unha adaptación para o lectorado novo da novela homónima feita pola mesma autora e coas marabillosas ilustracións de Clémence Pollet. 

Na xuntanza no colexio limos esta historia da que aprendemos moito. Coñecemos a existencia e "invisibilidade" dos dalit, os intocables, encargados dos peores traballos da India. Empatizamos con Smita, unha nai que ten un soño, que a súa filla vaia á escola para poder ter unha vida mellor que a da súa familia. Para isto, decide marchar lonxe do seu pobo. Así, Lalita poderá ir a unha escola de intocables, a Escola da Esperanza.

Antes da súa marcha e para obter a protección de Visnú, ofrécenlle o único que teñen, a súa trenza.

Finalmente, nai e filla conseguen o seu obxectivo e Lalita poderá ir á escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario