O 21 de abril acenderase o facho olímpico en Olimpia. Este ritual, recordando os Xogos olímpicos da Antigüidade, é o comezo da conta atrás para o inicio dos Xogos de Río 2016. O primeiro portador do facho será o grego Lefteris Petrunias, campión mundial de argolas. Iníciase, así, a carreira que, a través de Atenas, o levará ata Brasil.
Asemade, comeza tamén para nós a carreira de relevos que, desde 1º ESO A ata 1º de bacharelato D, irá portando o facho por cada unha das aulas ata o día 29, data de celebración das Bibliolimpiadas deportivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario